Escoitar

Gonzalo Caballero toma posesión como concelleiro do PSdeG-PSOE e Xabier Toba como portavoz do BNG

O economista Gonzalo Caballero tomou posesión hoxe luns do seu cargo como concelleiro polo PSdeG-PSOE no Pleno da Corporación Municipal. Por outra parte, Xabier Toba e María Xosé Méndez son tamén desde hoxe luns os novos voceiro e vicevoceira do grupo do BNG, respectivamente.

luns, 12 set 2005
1126535594caballero1.jpg
Gonzalo Caballero toma posesión
Gonzalo Caballero, que substitúe o dimisionario Ventura Pérez Mariño, é doutor en Economía, membro do centro de Novas Ciencias Sociais de Estados Unidos e investigador da Universidade de Vigo.

Por outra parte, e tras a marcha de Santiago Domínguez Olveira á Xunta de Galicia para ocupar o posto de director xeral de Deportes, Xabier Toba converteuse hoxe luns no novo voceiro do grupo municipal do BNG. María Xosé Méndez será a partir de agora a vicevoceira desta formación política.

A toma de posesión do concelleiro que substituirá a Santiago Domínguez Olveira terá lugar nunha próxima sesión do Pleno.
1126535594caballero1.jpg
1126535645caballero2.jpg
1126535709toba.jpg
Descargar todas as imaxes