Corina Porro preséntalle a Anxo Quintana as súas demandas de cara aos próximos orzamentos
A alcaldesa, Corina Porro, presentou ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nun encontro mantido hoxe venres en dependencias do Concello, as súas demandas para Vigo, coa intención de que os orzamentos da Comunidade Autónoma de 2006 as recollan.
Corina Porro, quen afirmou que "é un pracer recibir un amigo que coñece ben a realidade da nosa cidade", entregoulle a Anxo Quintana un informe no que se fan diversas peticións de cara á elaboración dos próximos orzamentos da Xunta.
A alcaldesa recordou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal e o Plan de Ordenación de Borde Litoral, así como a Lei de Área Metropolitana, son proxectos necesarios "para que Vigo lidere unha eurorrexión de sete millóns de habitantes". Tamén se mencionan no informe, entre outras actuacións e obras, o Auditorio, o metro, a integración do transporte metropolitano e o enlace da autoestrada co anel do campus universitario.
Corina Porro fixo fincapé na necesidade de colaboración en materia de Asuntos Sociais, para mellorar a atención ás persoas con discapacidade, aos maiores e aos drogodependentes. Deste xeito conseguirase, segundo a alcaldesa, que Vigo sexa unha cidade "dinámica e solidaria"
Na área de Cultura e Deportes, as peticións recollidas no informe son a construcción dun circuíto de velocidade e un plan de infraestructuras para o período 2005-2010 para crear un centro de deportes náuticos vinculado á ETEA e unha cidade deportiva. Ademais, a alcaldesa demandou máis bibliotecas públicas para Vigo.
Corina Porro tamén lle recordou a Anxo Quintana as actuacións de competencia do Goberno central pendentes de executar en Vigo, entre as cales están a supresión da peaxe da A-9, a axilización e finalización das obras do segundo cinto, a ordenación do espazo portuario, o AVE, a conexión co Porto Seco e a construcción dunha nova depuradora.
Por outra parte, a alcaldesa transmitiulle ao vicepresidente da Xunta a necesidade dun plan de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación para Vigo, "clave", ao seu ver, para atraer grandes compañías á nosa cidade e mellorar a competitividade das empresas locais
Anxo Quintana coincidiu con Corina Porro en que "o reto é converter Vigo no motor da eurorrexión", o cal, na súa opinión, "non é unha aposta localista, é unha aposta para o conxunto do país". O vicepresidente da Xunta engadiu que, para conseguir este obxectivo, "non se poden tratar os temas de Vigo desde un punto de vista estrictamente local".
Tanto Anxo Quintana como Corina Porro salientaron a importancia da colaboración entre as administracións para o futuro de Vigo.