Escoitar

Aberto o prazo de inscrición no programa formativo da Casa do Cesteiro

A Casa do Cesteiro ten aberto o prazo de inscrición ata o 30 deste mes para participar no programa formativo de cestería tradicional en Galicia. Os curso de carácter gratuíto comezarán no mes de outubro.

luns, 19 set 2005
1127127343cesteiro.jpg
Unha clase na Casa do Cesteiro
Este centro, unidade específica do Centro de Artesanía Tradicional, dependente da concellería de Patrimonio Histórico , leva oito anos traballando en prol da cestería tradicional e ofertando de balde formación a todos os interesados en formarse profesionalmente no oficio de cesteiro.

A formación atopase estructurada en cursos de diversa duración e contido, de xeito que abranguen a gran diversidade de técnicas e materias primas da cestería galega. Os cursos son impartidos por mestres cesteiros cunha gran traxectoria profesional no oficio de cestería, e especialistas en madeira fendida, colmo e vimbio.

O prazo de preinscrición é do 1 ao 30 de setembro e a presentación dos listados de admitidos será o 4 de outubro. Estes listados estarán expostos nas instalacións da Casa do Cesteiro, no Centro de Artesanía Tradicional e na web www.vigo.org/artesania

O acceso aos cursos realizarase a través da presentación da solicitude de inscrición, no Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. As prazas, 40 en total, cubriranse por rigorosa orde de entrega da solicitude.

Para os cursos do grupo I o prazo de formalización da matrícula será do 4 ao 17 de outubro, debendo presentarse o resgardo que acredite o pagamento da matrícula o día do inicio dos cursos.

Para unha maior información poden chamar o teléfono 986 22 40 03 ou consultar na web www.vigo.org/artesania

Calendario

GRUPO I

- Cestería de vimbio pelado: inicio 17 outubro ; 45 h; Luns de 17:00 a 20:00 h
- Cestería de colmo: inicio 18 outubro; 45 h; Martes de 17:00 a 20:00 h
- Cestería de madeira fendida: inicio 19 outubro;45 h; Mércores de 17:00 a 20:00h
- Cestería de vimbio con pel: inicio 20 outubro;45 h; xoves de 17:00 a 20:00 h

GRUPO II

- Cestería de vimbio pelado: inicio 17 outubro;150 h; luns,mércores e venres de 9:30 a 14:00 h
- Cestería de madeira fendida: inicio 17 outubro; 150 h; luns, mércores e venres de 16:00 a 20: 00 h
- Cestería de vimbio con pel:inicio 18 outubro;100 h; martes e xoves de 9:30 a 14:00 h
- Principios básicos da cestería: inicio 18 outubro;100 h; martes e xoves de 9:30 a 14:00 h

GRUPO III

- Cestería de madeira fendida: inicio 17 outubro;300 h; de luns a venres de 16:00 a 20: 00 h
- Cestería de vimbio pelado: inicio 17 outubro;150 h; luns, mércores e venres de 9:30 a 14:00 h
- Cestería de vimbio con pel: inicio 17 outubro;150 h; luns, mércores e venres de 9:30 a 14:00 h
- Cestería de colmo: inicio 18 outubro; 100 h; martes e xoves de 16:00 a 20:00 h


Descargar todas as imaxes