venres, 23 set 2005
A Comisión da Bicicleta, da que forman parte representantes de todos os grupos políticos presentes no Concello, anima a cidadanía a participar nas actividades organizadas con motivo da marcha ciclista "Coñece Vigo a golpe de pedal", que percorrerá a cidade o domingo 25.
venres, 23 set 2005
O MARCO acolle desde hoxe venres ata o 8 de xaneiro de 2006 a exposición de fotografía austríaca contemporánea "A patria está ao virar na esquina", que reúne 80 obras de 14 artistas deste país centroeuropeo, coa pregunta pola posibilidade dunha perspectiva e estética nacional como tema común.
venres, 23 set 2005
Continuando coas actividades complementarias que xiran arredor da exposición "Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza", este fin de semana a xente que desexe poderá achegarse a Casa das Artes de Vigo, onde disfrutarán dunha demostración en vivo sobre o oficio das redeiras da man de Consuelo Martínez.
venres, 23 set 2005
Na Biblioteca Central pódese visitar unha exposición de pintura realizada polos rapaces que participaron en agosto no obradoiro "Un verán cos pintores".<br />
venres, 23 set 2005
Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o día 26 de setembro de 2005, ás nove horas, no salón de Plenos do Concello.
venres, 23 set 2005
Ao remate do pleno da corporación terá lugar a reunión da Xunta de Goberno Local o luns, día 26, para tratar os seguintes asuntos:
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 23 set 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de saneamento, estará pechado ao tráfico o camiño Pardaiña, á altura do número 54, con acceso exclusivo para residentes, o luns 26 de setembro de 2005 dende as 08:00 horas até as 20:00 horas