Escoitar

O Concello buscará unha solución ao convenio con Miraflores a semana que vén

José Manuel Figueroa anunciou hoxe xoves que o Goberno municipal, do que é portavoz, buscará a principios da semana que vén unha solución ao convenio asinado con Miraflores S.A. en 1992, polo que esta entidade cedeu unha parcela para o vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.

xoves, 22 set 2005
1127395373xeren2209.jpg
José Manuel Figueroa fixo este anuncio en resposta á pregunta do representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz, que quería saber por que se retirara da orde do día do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo a declaración de nulidade do acordo plenario do 27 de novembro de 1992 referente a este convenio.

Mauricio Ruiz considerou "desacertado" retirar este punto e lembrou que a anulación do acordo plenario "conleva indemnización ao propietario". José Manuel Figueroa dixo que retrasar este acordo unha ou dúas semanas "non ten maior incidencia".

O Pleno ratificou en 1992 un convenio de colaboración con Miraflores S.A. polo cal esta entidade cedeu ao Concello unha parcela da súa propiedade de 16.482 metros cadrados de superficie situada na parroquia de Sárdoma. Esta parcela estaba afectada pola expropiación do vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.

O Concello, pola súa parte, obrigouse a tramitar un Plan Especial de Reforma Interior, ou a correspondente figura do planeamento urbanístico, no que se ordenaría, sobre a primeira das parcelas descritas no convenio, o aproveitamento que neste mesmo acordo se lle recoñece ao terreo cedido.

Actualización cartográfica

Ademais, no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordouse, coa abstención do PSdeG-PSOE e o voto favorable dos restantes grupos, a adxudicación dos traballos de actualización cartográfica no termo municipal de Vigo á empresa Toponort S.A., polo prezo de 82.000 euros.

Por último, o Consello da Xerencia declarou, por unanimidade, a restauración da legalidade urbanística alterada polas obras de construcción dun muro de contención na estrada de San Xoán-Valadares.
1127395373xeren2209.jpg
1127395407xeren2209b.jpg
Descargar todas as imaxes