Corina Porro serve os necesitados no Comedor da Esperanza
Corina Porro volveu visitar hoxe xoves o Comedor da Esperanza, centro asistencial da congregación das fillas da caridade situado no Casco Vello, para servir comida aos necesitados. A alcaldesa aproveitou tamén a ocasión para reunirse coas relixiosas.
O Comedor da Esperanza recibe de 70 a 130 persoas todos os días do ano. De luns a sábado, as fillas da caridade danlles comida quente, e os domingos e festivos, bocadillo. A congregación leva máis dun século xestionando este centro, como parte do seu labor de asistencia a anciáns, nenos, deficientes, indixentes e emigrantes, colectivos aos cales ofrecen, ademais, duchas, roupa e consello.
O Comedor da Esperanza conta coa colaboración do Concello, da Xunta, dos conxeladores do Berbés, do Alcampo, do banco de alimentos e de particulares. As fillas da caridade rezan polo ben destes e das entidades mencionadas.
As fillas da caridade son unha congregación con máis de catro séculos de historia que chegou a estar presente en oito centros da nosa cidade, entre eles o antigo hospital militar e o hospital da Cruz Vermella. Nos últimos tempos a súa actividade viuse reducida debido á caída do número de vocacións.