A banda de música Freamunde, da localidade portuguesa de Paços de Ferreira, actuará en Vigo
O vindeiro sábado, 24 de setembro ás 20.00 horas, terá lugar a actuación da banda de música Freamunde, da localidade portuguesa de Paços de Ferreira, no entorno do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) da rúa do Príncipe. A banda de música Freamunde, integrada por sesenta personas, foi fundada no ano 1822, e dende entón mantén unha actividade ininterrumpida de cara ao ensino e promoción da cultura musical.
Da súa escola teñen saído grandes músicos que na actualidade forman parte de outras agrupacións musicais, como as banda da Garda Nacional Republicana, P.S.P., R.I.P., Força Aérea, Marinha, ex orquestra do Teatro Nacional de San Carlos, Orquestra Sinfónica Portuguesa, así como profesores nas Escolas Profissionais e Artísticas de Viana do Castelo e das de Caldas da Saúde, entre outras.
A presentación do concerto contou coa presenza do concelleiro da área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves Castro; o presidente da Cámara Municipal de Paços de Ferreira, Pedro Pinto ; a concelleira de Cultura desta entidade, Carla Carneiro, e o director da banda de música e presidente da Xunta de Freguesía, José María Nogueira.O Concello de Pazos de Ferreira fixo entrega dunha placa en honor á amistade galaico-portuguesa ao concelleiro López-Chaves.
A banda Freamunde, cunha longa traxectoria, a ten actuado por todo Portugal e ten viaxado ao extranxeiro en varias ocasións, en resposta á invitación das comunidades portuguesas no exterior e dos seus respectivos consulados. Ademais, ten participado en diversos concursos, sendo distinguida con diversos premios, como unha «Batuta encastuada a Ouro» e unha «Medalha de Ouro».
Así, en maio do 1992, A Associaçao Musical de Freamunde veu recoñecido a súa laboura a favor da cultura musical, coa prestixiosa distinción «Pessoa Colectiva de Utilidade Pública», atribuida pola Presidência do Conselho de Ministros de Portugal.
O 6 de novembro de 1995, a banda recibiu da Cámara Municipal de Paços de Ferreira a «Medalha de Ouro de Altruísmo e Mérito», como recoñecemento ao seu papel insustituibel no campo da música e da formación musical.
Descargar todas as imaxes