O corpo de bombeiros presentou o seu novo camión escaleira
O corpo de Bombeiros celebrou hoxe a festividade de San Juan de Dios, o seu patrón, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguiu unha exhibición dos vehículos que posúe o corpo e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade do centro. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello.

Na exhibición participaron os vehículos nº 4 de Balaídos, o nº 3 do parque central de Teis, e o vehículo auxiliar nº 8, todos eles coas súas dotacións. Durante o acto presentouse ademais o novo vehículo autoescaleira dos Bombeiros, un dos camións máis modernos do mercado, de 280 cabalos e cunha escaleira capaz de elevarse 32 metros, que pode inclinarse con ángulos de +76 e –23 graos.
O novo coche escaleira, un chasis Mercedes Econic, ten freos ABS, un eixe direccional traseiro, suspensión neumática, cambio automático secuencial e un sistema MOS (gps).
O novo coche escaleira, un chasis Mercedes Econic, ten freos ABS, un eixe direccional traseiro, suspensión neumática, cambio automático secuencial e un sistema MOS (gps).

