Convocatoria pública de solicitudes de axudas para a 6ª fase do programa de rehabilitación de edificios e vivendas no Casco Vello de Vigo.
O prazo oficial para a presentación de solicitudes de axuda para a rehabilitación de edificios e vivendas no Casco Vello de Vigo, dentro da 6ª fase do programa, remata o día 31 de marzo de 2004 ás 13.30 horas.
As solicitudes poderán formulalas as persoas propietarias, inquilinas ou usufructuarias das vivendas, para a rehabilitación interior de vivendas, de edificios completos e de elementos comúns dos edificios, mediante a súa presentación na Oficina Municipal de Rehabilitación da Vivenda (1º andar da Casa do Concello).
Para todos os casos de solicitudes en lista de espera, non seleccionadas nas cinco fases anteriores, deberán actualizarse a documentación que xa perdese a súa validez de cara a ser consideradas na quinta fase antes do 16 de abril de 2004.
Esta convocatoria réxese polo establecido na Ordenanza municipal para a regulación de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación do Casco Vello de Vigo (aprobada o 24.2.2003).
Para calquera información suplementaria, poden comunicarse coa Oficina de Rehabilitación no teléfono 986.81.01.00 extensión 1121 ou no correo electrónico urb.rehabilitacion@vigo.org
A oficina tramita paralelamente outras axudas á rehabilitación ante o IGVS para inmobles situados en conxuntos históricos galegos, dentro do seu ámbito de competencias. O prazo para presentar estas solicitudes remata o 31 de decembro de 2005.