Escoitar

Educación edita unha guía informativa dos centros públicos de infantil e primaria de Vigo

O concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves, presentou a Guía de Centros Públicos de educación infantil e primaria 2004-2005 que se enviará, con cadanseu certificado de empadroamento, ás 5.000 familias viguesas con nenos en idade de facer a reserva de praza para o vindeiro curso.

venres, 5 mar 2004
1078495175educacion.jpg
A guía é un instrumento completo e fácil de manexar que dispón de información coas características, equipamento e instalacións de cada centro educativo da rede pública para facilitar a escolla. Conta cunha relación de institutos de secundaria, dun calendario co proceso de admisión do alumnado, bolsas e axudas, puntos de información, outros centros públicos que complementan a oferta educativa existentes en Vigo como centros de educación especial, escola do Hospotal Xeral, Artes e Oficios e Conservatorio de Música, ademais dun vocabulario de termos utilizados. Tamén informase da oferta educatica municipal como a Escola de teatro, Música, Danza e Xogo.

O coordinador da guía, Juan Centrón Montero, explicou que contén as características do ensino público de calidade que responde ás necesidades do alumnado. Trátase dunha escola gratuíta, aberta á diversidade, participativa, con profesorado cualificado en continua formación, integrada e relacionada co medio, organizadora de actividades e que conta con servicios complementarios como os comedores escolares e a rede gratuíta de transporte.

Xornada de portas abertas

As xornadas de portas abertas celebraranse os días 9,10 e 11 de marzo co obxectivo de que tódalas persoas interesadas poidan coñecer as características e o funcionamento dos centros educativos. As persoas que queiran coñecer un determinado centro e non poidan acudir nesas datas poden poñerse en contacto coa dirección para solicitar a visita noutra data.
Descargar todas as imaxes