Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns,día 8, quince minutos despois do remate da sesión plenaria convocada para o mesmo día ás nove da mañá. A xunta tratará 41 asuntos entre os que figura o Proxecto de convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para a rehabilitación do Casco Vello do Concello de Vigo.

venres, 5 mar 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 23 de febreiro de 2004.

BENESTAR SOCIAL
2.- Solicitude de subvención á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado para o financiamento do Programa de Educadores Familiares-ano 2004. Expte. 10743/301.

3.- Prestación do Servicio de Centro de día para persoas maiores: Alta expte. 14.30634.

4.- Prestación do Servicio de Axuda no Fogar: alta exptes. 15.52438, 17.7545

DEPORTES
5.- Solicitude do Club Ciclista Vigués de autorización para a realización do XXXI Gran Premio Ciclista San Xosé os días 20 e 21de marzo na Avda. Samil. Expte.4330/333. Estimada.

6.- Solicitude do CEIP Ramón y Cajal de autorización para realizar o Cross Escolar Ramón y Cajal o 21.03.04. Expte. 4332/333. Estimada.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
7.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo departamento de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de xaneiro de 2004. Expte.865/335.

INTERVENCIÓN
8.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluír na nómina do mes de marzo.

9.- Xustificantes de libramentos.

10.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.1/2004.

11.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.2/2004.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
12.- Solicitude da Asociación Cultural e de Xuventude para a celebración dun concerto de rock no Torreiro dos Liñares en San Miguel de Oia o día 13.02.04. Expte. 69389/210. Estimada.

MULLER
13.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería da Muller do Concello de Vigo e Feministas Independentes Galegas para o II Premio de investigación e a coedición do nº 19 da revista Festa da Palabra investigación. Expte.1614/224.

14.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería da Muller e o Grupo de Estudios sobre a condición da Muller Alecrín para garantir o libre acceso do público en xeral o "Centro de Documentación e Biblioteca Alecrín". Expte. 1621/224.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
15.- Devolución de fianzas:
a) Estrategia, Asesoría y Congresos S.L.: realización de estudio de viabilidade do Mercado do Berbés. Expte. 76/241.
b) Alecrín: prestación do Servicio da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas. Expte. 75/241.
c) Mopavi S.l: subministración de motos para a Policía Local. Exptes. 83 e 84 de 241.
d) Indeza S.L.: subministraicón de morteiro de cemento. Expte. 57/241.
e) Complesa Lebrero S.A.: subministración dun rodillo vibrante. Expte.16719/240.
f) Movexvial S.L. e Hidoscivil S.L. UTE: execución de obras dos proxectos de ampliación da infraestructura do saneamento de Vigo e modificados. Expte. 86/241.
g) Equipamiento Institucional S.A.: subministración de armas para a Policía Local. Exptes. 80, 81 e 82 de 241.
h) Ecovigo Publicidad S.L.: desenvolvemento de programa de comunicación para a Concellería de Turismo. Expte. 1392/104.
i) Obras y Construcciones Dios S.A. : obras de construcción dunha pista multiusos en Fragoso. Expte. 54/241.
j) Deloitte & Touche España S.L.: contrato de asistencia técnica apra a elaboración dun plan de control de concesións e contratas externas do Concello de Vigo. Expte. 19/241.

16.- Reclamación de danos:
a) Gumersinda R. Araujo Santamaría. Expte. 15643/240. Desestimada.
b) Arturo Pereira González. Expte. 15916/240. Estimada.
c) Enrique Piñeiro Corral. Expte. 14922/240. Responsable Seragua.
d) Mª Isabel Iglesias Rodríguez. Expte. 14299/240. Desestimada.

17.- Adxudicación do concurso para a subministración dun sistema de alimentación ininterrumpida para o edificio da Casa do Concello. Expte. 3397/444.

PATRIMONIO HISTÓRICO
18.- Indemnización substitutiva a favor de Anónimo Publicidad por importe de 203,93 € pola inserción na prensa local dun anuncio de Patrimonio Histórico. Expte. 1930/307.

19.- Indemnización substitutiva a favor de terceiros por importe de 763,66 € pola adquisición de materiais para obras de mantemento de Patrimonio Histórico. Expte. 2043/307.

PERSOAL
20.- Gratificación por servicios especiais e extraordinarios persoal municipal septembro 2003-xaneiro 2004. Expte. 14806/220.

21.- Proxecto de convenio EGAP-Concello de Vigo para a realización do plan de formación do persoal, correspondente ó ano 2004. Expte. 14820/220.

22.- Dar conta resolución do concelleiro-delegado de persoal autorizando ó traballador D. Vicente Martínez Posada dunha reducción de xornada diaria en hora e media por ter fillo menor de 9 meses. Expte. 14818/220.

23.- Dar conta resolución do concelleiro-delegado de persoal autorizando ó traballador D. Laureano Becoña Iglesias unha reducción de xornada diaria en hora e media por ter fillo menor de 9 meses. Expte. 14588/220.

24.- Dar conta resolución do concelleiro-delegado de persoal autorizando ó traballador D. José Miguel Cortés Bautista dunha reducción de xornada diaria en hora e media por ter fillo menor de 9 meses. Expte. 14584/220.

25.- Declaración de situación administrativa do funcionario municipal D. Luis Ricoy Martínez, en relación a súa praza de orixe como funcionario da Policía Local. Expte. 14798/220.

26.- Sentencia do TSXG recaída no recurso de suplicación núm. 2434/2001, interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, en relación con demanda por accidente de traballo. Expte. 14825/220.

27.- Sentencia do TSXG recaída no recurso de suplicación núm. 2615/2001, interposto por Dª Rocío del Carmen Chouciño Tuset e outros, sobre recoñecemento de dereito a adquirir a condición de traballadores fixos. Expte. 14826/220.

28.- Expediente reintegro horas nocturnas e festivas aboadas erróneamente ó sarxento do servicio de extinción de incendios D. Domingo Vázquez González. Expte. 14828/220.

29.- Indemnización por xubilación anticipada do funcionario D. Carlos Díez Pomar. Expte. 14833/220.

30.- Expediente modificación relación de postos de traballo. Expte. 14824/220.

31.- Productividade por diferencia de función a D. Juan A. Barreiro Vila polo desempeño do posto de operador de informática. Expte. 14836/220.

TESOURERÍA
32.- Dar conta da Instrucción á recadación executiva para tramitación de expedientes de fallidos e créditos incobrables.

TURISMO
33.- Solicitude de asistencia da Concellería de Turismo ás feiras internacionais de Turismo ITB de Berlín, SITC de Barcelona e Salón do Automóvil de Vigo. Expte. 1401/104.

URBANISMO
34.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 309/407.

35.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para a rehabilitación do Casco Vello do Concello de Vigo. Expte.4511/401.

36.- Substitución do aval constituído por Promociones O Castro S.L. por outro para responder das obras de urbanización que resta por executar na U.A. I do PERI II-03 Castro Castriño. Expte. 3724/401.

37.- Aprobación definitiva da modificación puntual nº 1 do Proxecto de Compensación Polígono 1 do PERI II-12 A Florida B. Expte. 4479/401/03.

38.- Petición de declaración de nulidade de acordos plenarios de 27.11.92, 3.08.98 e 28.04.03 relativos a permuta de parcelas municipais por outras propiedades de "Miraflores Vigo S.A.", situadas no ámbito do PERI A Bouza Sur. Expte. 4457/401.

VIAS E OBRAS
39.- Devolución de fianza a favor de Viguesas de Pavimentos, Canalizaciones y Construcciones S.L. constituída por obras de canalización eléctrica na beirarrúa da Rúa Feliciano Roldán. Expte.40499/250.

40.- Devolución de fianza a favor de Contesut S.L. constituída pola colocación de dous contenedores na rúa de Príncipe para cargar mobilidario e enseres obsoletos. Expte. 40333/250.

41.- Rogos e preguntas.