Clausura dos encontros profesionais sobre atención á infancia
O concelleiro de Benestar Social, Ignacio López Chaves, entregou os diplomas ás persoas que participaron nos I Encontros profesionais sobre Atención á Infancia e que rematou hoxe no Instituto Municipal de Educación. Os encontros celebraronse durante catro sesións e estaban dirixidos ós orientadores e mestres de apoio de centros de educación primaria da cidade.
Os encontros forman parte das actividades do programa de intervención con menores en situación de risco social que o Concello de Vigo ten conveniado coa Fundación Aldaba. O seu obxectivo é a mellora da coordinación á hora da execución do traballo que están a levar a cabo os técnicos do equipo de infancia municipal e os equipos de orientadores dos centros escolares incluídos neste programa.
O Programa de Apoio á Infancia desenvolvese desde o ano 2001 para a intervención con menores en situación de risco e ten como punto de partida a atención integral á infancia, intervindo nos tres parámetros básicos, familiar, educativo e comunitario, priorizando as actuacións preventivas. Os obxectivos do mesmo son evita-la inadaptación e exclusión social dos menores: aborda-las situacións problemáticas e de risco na infancia cunha intervención preventiva dun agravamento futuro destas.
Os destinatarios do programa son menores escolarizados en educación primaria e secundaria. Nestes momentos o número de centros cos que se traballa son 32 colexios públicos da cidade, 14 concertados e 10 institutos.