A alcaldesa atribúe á "competitividade do Porto e do sector da automoción " a decisión de Benteler de instalarse en Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, destacou hoxe a "competitividade e excelente loxística marítima que ofrece o noso porto e a competitividade e a alta cualificación dos nosos traballadores do sector da automoción" coma as dous razóns de peso que levaron á empresa Benteler Ibérica a iniciar o seu proxecto na cidade.
Corina Porro sinalou durante o acto de presentación do novo proxecto industrial que esta empresa de automoción iniciará no parque tecnolóxico e loxístico de Vigo que "a capacidade e competitividade do Porto nos obriga a garantir o seu crecemento" e destacou que un dos grandes retos do importante sector da automoción da cidade se atopa nos mercados emerxentes, coma China e os países do Este. Neste sentido, Corina Porro apostou por enfrontarse á apertura de novos mercados "gañando en internacionalización e convertendo o que hoxe aparece coma unha ameaza, nunha oportunidade. As empresas viguesas deben facerse máis fortes, máis grandes, máis internacionais", dixo.
A alcaldesa agradeceu ó presidente de Benteler a súa confianza para por en marcha nesta cidade "unha parte importante da estratexia de crecemento da compañía".
A alcaldesa agradeceu ó presidente de Benteler a súa confianza para por en marcha nesta cidade "unha parte importante da estratexia de crecemento da compañía".