Concello e Zona Franca constituirán unha sociedade mercantil para humanizar o centro de Vigo e realizar actuacións turísticas e culturais
O Pleno da Corporación aprobou hoxe por unanimidade o convenio específico de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para a constitución dunha sociedade mercantil encargada, entre outras cousas, da rehabilitación e revitalización do centro de Vigo, a planificación, execución e xestión do proxecto de aparcadoiros públicos urbanos así coma o desenvolvemento de actuacións socio-turísticas, actos culturais e outros proxectos na cidade.
A sociedade, cun capital social inicial de 9.000.000 euros (3 deles aportados polo Concello de Vigo) , ten coma horizonte a saída de Vigo da Volvo Ocean Race, no ano 2005, e o Xacobeo 2004.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou durante o pleno que unha comisión de municipalización, integrada por 4 concelleiros e 4 funcionarios, vai redacta-los estatutos da sociedade. A comisión será a encargada de face-lo seguimento das actuacións.
"Queremos que se humanice a cidade a través dun sistema de xestión áxil e eficaz", sinalou a alcaldesa, quen insistiu en que o que se iba a votar no pleno era un convenio marco, -"a primeira pedra para unha serie de actuacións en Vigo"- e que todo o que se faga a partires de agora sexa "con luz e taquígrafos".