Escoitar

Aprobado o proxecto ALICERCE de formación e emprego

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares, ven de anunciar a aprobación , por parte da Xunta de Goberno Local , do proxecto "Alicerce" de formación e emprego no eido dos servicios de atención ás persoas e do que se beneficiarán 70 persoas desempregadas. Tratase do primeiro proxecto no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.

luns, 1 mar 2004
1078155421luciachema.jpg
Molares e Figueroa
Co proxecto ALICERCE elaboraranse itinerarios de inserción laboral para a capacitación e especialización de persoas desempregadas, nun número de 70, nos campos da mediación intercultural, adiccións e conductas de risco e ocio e tempo libre na terceira idade, así como formar no deseño e posta en marcha de proxectos empresariais no eido de atención a persoas.

Outros dos obxectivos que se perseguen no programa é dinamizar os servicios que actualmente se prestan os colectivos de inmigrantes e emigrantes retornados, persoas con adiccións e persoas maiores no que unhas 400 persoas poderanse beneficiar mediante o desenvolvemento de prácticas profesionais en empresas e entidades.

A duración do proxecto é de 20 meses e se iniciará a finais do mes de marzo. Os despachos, aulas e demais dependencias necesarias estarán situados nas instalacións municipais do Centro de Emprego de Rivera Atienza.

O proxecto "Alicerce" é unha iniciativa que desenvolve a Concellería de Promoción Económica e Emprego que ten un presuposto total de 843.147 € dos que o Fondo Social Europeo subvenciona o 70 % e o 30 % restante o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes