O veleiro británico Endeavour poderá ser visitado ata o vindeiro 7 de marzo
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe o barco de vela británico Endeavour, que atracou no porto de Vigo, onde permanecerá ata o vindeiro 11 de marzo, antes de partir hacia Cowes (Inglaterra).
Este veleiro é unha réplica auténtica do barco no que navegou o famoso capitán Cook no século XVIII, nas súas viaxes cando descubriu Australia. Foi construido en Fremantle, no oeste de Australia, entre os anos 1988 e 1994, gracias ás donacións de varias asociacións públicas e privadas, e costou 17.000.000 dólares australianos.
O Endeavour visitou tódolos estados do sur e este de Australia, o norte e sur das illas de Nueva Zelanda, Ascensión e illas Rodríguez, o sur de África, Madeira, Tenerife, as illas Santa Helena e as Galápagos. Recentemente, este barco-museo estivo no porto de Bilbao, onde recibiu a visita de mais de 15.000 persoas. Ademais, no Endeavour rodouse a película de aventuras protagonizada por Rusell Crowe Master and Commander.
O barco, procedente de Funchal (Madeira), poderá ser visitado polos vigueses dende o sábado, 28 de febreiro, ata o domingo, 7 de marzo, en horario de 10:00 a 18:00 horas entre o 29 de febreiro e o 7 de marzo, e de 9:00 a 16:00 horas o 28 de febreiro. O precio por persoa para subir a bordo e visita-lo museo é de 5 euros os adultos e 3 os nenos.
Descargar todas as imaxes