Un total de 120 vivendas rehabilitaranse no caso histórico de Bouzas e no Casco Vello
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo asinaron esta mañá en Santiago de Compostela un convenio de colaboración para acometer un total de 120 actuacións de rehabilitación no casco histórico de Bouzas e no Casco Vello de Vigo.
Corina Porro manifestou que o Concello de Vigo é consciente de que o Casco Histórico de Bouzas é un dos espacios urbanos máis degradados da cidade cunha significación arquitectónica e cultural singular e cun importante deterioro físico, polo que se propoen a rehabilitación deste espacio para a súa incorporación á cidade recuperando e potenciando a súa propia identidade.
Neste senso o convenio asinado hoxe estipula o inicio da primeira fase de actuación na que se rehabilitarán 60 vivendas e edificios cun presuposto total de 1.200.000 euros ( 960.000 para rehabilitación e 240.000 para actuacións de urbanización e reurbanización). Esta acometida cofinanciarase co Ministerio de Fomento que aporta 300.000 euros e o Instituto Galego de Vivenda e Solo financia 276.00 euros nos anos 2004,2005 e 2006. O Concello de Vigo aporta 144.000 euros no ano 2004.
No ámbito do Casco Histórico de Bouzas existen 1028 vivendas das que 500 están necesitadas de rehabilitación.
Casco Vello
O convenio asinado entre a alcaldesa e o conselleiro de Política Territorial posibilita a execución da sexta fase de actuación no Casco vello de Vigo en materia de rehabilitación, dentro do plan de vivenda 2002-2005 do Ministerio de Fomento e IGVS.
O Concello de Vigo ten interese en revitalizar o barrio histórico da cidade, evitando a súa progresiva degradación. O parque de vivendas do Casco Vello sufriu un longo proceso de deterioro físico , económico e social causado polas rápidas transformacións urbanísticas que ocasionaron un proceso de progresivo abandono de vivendas, envellecemento da poboación , de debilitamento da actividade económica que soportaba e de aparición de focos de marxinalidade.
Corina Porro subliñou no acto da sinatura do convenio que despois da execución do URBAN, procede impulsar a recuperación de usos residenciais . O número de actuacións para a rehabilitación é de 60 vivendas e edificios cun presuposto total de 1.200.000 euros dos que 960.000 destinaranse para rehabilitación e 240.000 serán para actuacións de urbanización e reurbanización.
O Ministerio de Fomento financia con 300.000 euros ( período 2004-2006), o IGVS subvenciona con 276.000 euros , no mesmo período de tempo. O concello aporta 144.000 euros e os promotores particulares 480.000 euros.
O convenio asinado hoxe poderá ser ampliado no futuro con novas actuacións de rehabilitación.