Entrega de diplomas do proxecto Compás
O Proxecto Compás celebra un acto de entrega de diplomas ás máis de 200 persoas usuarias que finalizaron con éxito a segunda fase de capacitación do proxecto. Este acto terá lugar o venres, día 27 de febreiro, ás once da mañá na Sala de conferencias do Centro Social Caixanova.
A concelleira de Emprego, Lucía Molares, abrirá o programa da xornada que contará coa presencia dun representante de cada unha das entidades que conforman a Agrupación de Desenvolvemento Equal – Área Metropolitana de Vigo: a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os sindicatos CCOO, UXT e CIG, a Deputación Provincial, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e Caixanova. Unha persoa usuaria do proxecto intervirá no acto en representación de todas.
O Proxecto Compás, que finalizará en xullo de 2004, enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través do deseño e do desenvolvemento de ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas desempregadas da área metropolitana de Vigo.