Escoitar

Premios das comparsas do Entroido 2004

A comparsa do CVC de Valadares "Vicus monumentalis" acadou o primeiro premio do concurso de comparsas do Entroido 2004 que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural e que se deu a coñecer ó remate do desfile do enterro do MECO co que finalizaban as festas do entroido deste ano. O premio está dotado de 2.400 euros.

xoves, 26 feb 2004
O segundo premio , dotado con 1.800 euros, foi para a comparsa " EL SEÑOR DE LOS ANILLOS" , de Vigo. O terceiro premio, dotado con 1.200 euros, á comparsa "Terra de condes" de Redondela. O xurado outorgou tamén un premio especial á comparas máis festeira, dotado con 600 euros, "Os Tarteiras", da AVC Casco Vello; e un premio do desfile do enterro do Meco á comparsa "El señor de los anillos", dotado con 750 euros.

Tamén entregáronse 15 accésits, de 600 euros cada un deles , ás seguintes comparsas:

 A PARRULADA, AVV San Roque de Cardecide, Cuntis.
 ENTRE LUSCO E FUSCO, SCRD Nautilius.
 NOITES VIVAS, de Vigo.
 OS TARTEIRAS, AVC Casco Vello.
 OS BERBERECHIÑOS, CC. "Ateneo Corredoira" de Combarro.
 A TRIBU CHUMAHAUS, de Nigrán.
 CHEGARON OS QUE FALTABAN, de Vigo.
 TAQUICARDIA, Clube "As Rodas" Patinaxe Artística-Vigo
 LA COMPARSITA, de Chapela
 PARIS-DAKER...RRO, Asoc. Cultura e Festas Beirán
 AS CELESTIÑAS, Asociación Peña Xuntanza
 GLOBALIZACIÓN-NON, do Clube Deportivo Ferroviario-Vigo
 CARBALLO DA LAXE, de Vigo.
 ANTEPASADOS PARRANDEIROS, SCD Atlántida de Matamá.
 VOLVORETA, de Vigo.