Escoitar

O Concello adecenta os xardíns do bulevar da Gran Vía dentro do seu plan para mellora-lo contorno urbano

A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe a Gran Vía de Vigo, onde a concellería de Servicios Xerais está a executar un plan para a mellora do contorno urbano.

mércores, 25 feb 2004
No tramo entre a rúa Urzáiz e a Praza de España, o Concello adecentou os xardíns do bulevar, onde instalou un novo deseño en 42 parterres, que agora alternan o tepe, o boj e ciclámenes de cor vermella, que se irán sistutuíndo por tulipanes brancos. Neste primeiro tramo da Gran Vía, a alcaldesa comprobou o funcionamento do novo sistema de rego por aspersor, que ata o de agora non se utilizaba nesta zona da cidade.

Corina Porro desplazouse despois ó segundo tramo da Gran Vía, entre a Praza de España e a de América, onde comprobou varios deseños ornamentais, que completarán a actuación no tramo restante desta avenida, e que afectarán a máis de 3.000 metros cadrados de xardín. Ademais, o Concello pintará o máis dun cento de farolas que integran o bulevar da Gran Vía de cor azul. A alcaldesa apostou pola mellora do mantemento da cidade e for facer Vigo máis habitable e lembrou que no plan para mellora-lo contorno urbano, que está a executar o Concello, se abordarán tamén aspectos coma o asfaltado e o pintado de rúas.