Convocatoria de subvencións da Concellería da Muller
A Concellería da Muller abríu o prazo da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades que promovan asociacionismo feminino. O presuposto destinado á presente convocatoria de subvencións é de 72.121.45 euros.
Os destinatarios das axudas son asociacións específicamente de mulleres; vocalías ou secretarías da muller en asociacións mixtas; entidades e asociacións mixtas que realizan actividades específicas de promoción da muller nos diversos sectores nos que actúan, aínda sen contar cunha estructura organizativa propia das mulleres.
A finalidade das subvencións son atender as demandas e necesidades dos colectivos de mulleres priorizadas no "II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e trato das mulleres de Vigo", e no "1º Plan Municipal para combater a violencia contra as mulleres", aprobados nas sesións plenarias dos días 30 de novembro de 2002 e 5 de xullo de 2000 respectivamente, mediante o apoio de programas e actividades de carácter público promovidas por entidades sen fin de lucro.
Nas bases da convocatoria tamén figura como finalidade potenciar o asociacionismo feminino e a participación das mulleres en tódos os ámbitos; potenciar e difundir as actividades e promoción da muller encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades e trato para as mulleres de Vigo e promover o investimento de recursos sociais en accións positivas para as mulleres.
bases da convocatoria de subvencións