Escoitar

Actividades do Entroido

As actividades do Entroido programadas pola concellería de Festas e Animación Sociocultural continuan o martes cunha desgustación gratuita de postres típicos da festa e de lacón con chourizo. Esta actividade, que se realiza coa colaboración de Aldeas Infantiles e área comercial Zona Centro ,terá lugar a partir das cinco da tarde na rúa Progreso.

luns, 23 feb 2004
De 16.00h a 20.00h haberá entroido cos nenos con inchables, obradoiros e actuacións, na p raza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.

De 17 a 19 h pasarrúas de xigantes e cabezudos, polas rúas Progreso, Joaquín Lóriga, Ecuador, Ronda de Don Bosco e María Berdiales.

A verbena celebrarase a partir das 22.30h na porta do Sol cos grupos Olimpus e Cinema. Ás 23.45h terá lugar o xuizo, sentencia e queima do meco na praza do Rei.