Escoitar

A Xunta de Goberno aproba subvencións ó Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Marco e Fundación Laxeiro

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Fundación publicacións para subvencionar con 36.000 publicacións as actividades e funcionamento do Instituto de Estudios Vigueses durante a ano 2004.

luns, 23 feb 2004
O programa do Instituto de Estudios Vigueses para o presente ano desenvolvese ó redor de catro liñas: edición de publicaións, edición dunha Fundación, proxecto de creación dun Centro de Documentación da Historia de Vigo e un ciclo de conferencias.

O Instituto crease baixo o Padroado da Fundación diferentes co fin de fomentar , orientar e coordinalo labor de investigación en diversas disciplinas e manifestacións que se refiran a Vigo e bisbarra; asómesmo informará peticións de organismos e entidades culturais.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén na sesión celebrada hoxe unha subvención á Fundación Laxeiro por importe de 60.000 euros para programación de actividades e funcionamento desta durante o presente ano; así como unha subvención á Fundación MARCO por importe de 751.265 euros para cubrir gastos correntes orixinados polo funcionamento e actividades do mesmo.

Reunión ordinaria do Padroado da Fundación Laxeiro

O Padroado da Fundación Laxeiro celebrou o luns unha reunión, no pazo Quiñones de León, coincidindo co aniversario do nacemento de Laxeiro. Na xuntanza acordouse o nomeamento de Corina Porro como Presidenta da Fundación, a presentación da memoria do exercicio do ano 2003 e a presentación de orzamento e actividades para o exercicio 2004.

Nesta liña abordouse unha serie de actuacións encamiñadas á edición no ano 2008, coincidindo co Centenario do nacemento do artista, do Catálogo Universal Razoado. Unha necesidade de primeira orde, na que a Fundación leva traballando desde o ano 2001, pero que, a partires deste ano, ocupará a meirande parte das súas actividades. Estas liñas concrétanse na posta en marcha do Centro de Estudios Fundación Laxeiro na vila de Lalín, a reordenación de toda a obra publicada en direfentes catálogos, un seguimento exhaustivo de tódalas pezas que se atopan en institucións públicas e privadas e diversas actuacións para chegar a coleccionistas privados que posúen obras de Laxeiro descoñecidas ata o momento polo gran público.

En canto á programación de actividades, o taller didáctico para alumnos de primaria, posto en marcha no presente curso, coa inauguración do Obradoiro Espacio azul, ampliarase a outras idades e se organizarán visitas guiadas para adultos.

O Padroado contempla tamén diferentes proxectos de exposicións temporais entre as que cabe destacar Integración unha mostra dos artistas Enrique Velasco e Miguel Pereira que se inaugurará o vindeiro mércores, 25 de febreiro; unha mostra monográfica de Álvaro Negro, un dos novos valores de máis proxección fora de Galicia; unha exposición de obra gráfica de Laxeiro en Oporto, auspiciada polo Instituto Cervantes; unha nova entrega da serie Debuxos inéditos e o IV Festival Internacional Fundación Laxeiro de Música Contemporánea que este ano adiantarase ó mes de maio.