Escoitar

Unha tecelán amosará o seu oficio ós visitantes do Centro de Artesanía Tradicional

O oficio das teceláns centra a demostración que ofrece o Centro de Artesanía Tradicional durante o mes de marzo que se completa coa programación didáctica onde se inclúen unha visita guiada ó centro.

venres, 27 feb 2004
Cada mes contase coa presencia dun especialista nun dos oficios que recolle o CAT. En marzo os/as estudiantes coñecerán de primeira man o oficio das teceláns dunha forma mais directa xa que no centro estará Esperanza Díaz Beltrán unha profesional deste oficio. Díaz explicará o proceso da elaboración de pezas de tecido a partir da materia prima principal coa que se elaboraron as prendas de vestir en Galicia como é o liño e a la. Ademais veranse de xeito directo como se traballa nun tear horizontal, aproximaranse os coñecementos e útiles transmitidos de xeración en xeración e verán diversas pezas coma colchas, sábanas, chales...elaborados de forma artesanal.

Ademais de centros escolares tamén pasarán asociacións e institucións culturais de Vigo e o seu contorno. As actividades continuarán nos meses seguintes e toda aquela institución interesada en visitar o CAT pode facelo concertando visita no teléfono 986 22 07 58; a dirección é na Rúa Subida ao Castelo, nº10, Vigo.