luns, 1 marzo 2004

Aprobado o proxecto ALICERCE de formación e emprego

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Lucía Molares, ven de anunciar a aprobación , por parte da Xunta de Goberno Local , do proxecto "Alicerce" de formación e emprego no eido dos servicios de atención ás persoas e do que se beneficiarán 70 persoas desempregadas. Tratase do primeiro proxecto no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.

O Concello subvenciona os comedores escolares

luns, 1 mar 2004

O concelleiro de Educación , Ignacio López Chaves, e a presidenta da Federación Olívica de Anpas de Vigo e comarca, Bertila Fernández Pérez, asinaron un convenio de colaboración de subvención dos comedores escolares.

Fernández del Riego recibe o primeiro premio Laxeiro

luns, 1 mar 2004

A alcaldesa e presidenta da Fundación Laxeiro, Corina Porro, entregou ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, o primeiro premio Laxeiro , concedido pola fundación que leva o nome do artista. O acto celebrouse na Biblioteca Penzol.

Acordos da Xunta de Goberno

luns, 1 mar 2004

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación á Autodesguaces Vigo de 69 vehículos para chatarra de depósito de Avenida de Madrid. Neste senso a alcaldesa, Corina Porro, deu instrucción ós servicios de Patrimonio e Contratación para a elaboración dun concurso público para liberar os terreos do depósito municipal da chatarra e vehículos almacenados.