venres, 5 mar 2004
O concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves, presentou a Guía de Centros Públicos de educación infantil e primaria 2004-2005 que se enviará, con cadanseu certificado de empadroamento, ás 5.000 familias viguesas con nenos en idade de facer a reserva de praza para o vindeiro curso.
venres, 5 mar 2004
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, presentou hoxe a Escola Obradoiro "Mar de Vigo II", nun acto celebrado nas súas instalacións, na estrada de O Vao nº 151, que contou coa asistencia do delegado da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Joaquín Macías Sánchez, e representantes de entidades e en empresas relacionadas co mundo da naútica.
venres, 5 mar 2004
O corpo de Bombeiros celebrará o vindeiro luns a festividade de San Juan de Dios, o seu patrono, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguirá unha exhibición dos vehículos e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade.
venres, 5 mar 2004
A Área de Mobilidade e Seguridade procederá a próxima semana a actuar en materia de seguridade vial coa sinalización horizontal nos pasos inferiores da cidade. Deste xeito pintaranse os bordillos , inicialmente , nos tuneis da Praza de América e Praza de España.
venres, 5 mar 2004
A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria o luns,día 8, quince minutos despois do remate da sesión plenaria convocada para o mesmo día ás nove da mañá. A xunta tratará 41 asuntos entre os que figura o Proxecto de convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para a rehabilitación do Casco Vello do Concello de Vigo.
venres, 5 mar 2004
A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 23 de febreiro, aprobou as bases de convocatoria de subvencións para actividades socioculturais realizadas durante o exercicio 2004.

As solicitudes presentaranse, en impreso normalizado, a través do Rexistro Xeral no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio.

venres, 5 mar 2004
A Xunta de Goberno Local na sesión de 23 de febreiro adoptou os seguintes acordos:

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE INTERESE SOCIAL

Prazo de presentación da solicitudes: Dende o 11 ata o 31 de marzo de 2004.

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE MAIORES

Prazo de presentación da solicitudes: Dende o 11 ata o 31 de marzo de 2004

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Benestar Social.

venres, 5 mar 2004
O prazo oficial para a presentación de solicitudes de axuda para a rehabilitación de edificios e vivendas no Casco Vello de Vigo, dentro da 6ª fase do programa, remata o día 31 de marzo de 2004 ás 13.30 horas.