Lucía Molares presenta a escola obradoiro "Mar de Vigo II", na que se forman xoves desempregados en oficios relacionados co mundo do mar
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, presentou hoxe a Escola Obradoiro "Mar de Vigo II", nun acto celebrado nas súas instalacións, na estrada de O Vao nº 151, que contou coa asistencia do delegado da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Joaquín Macías Sánchez, e representantes de entidades e en empresas relacionadas co mundo da naútica.
Corenta e cinco rapaces e rapazas desempregados/as e sen cualificación profesional, de entre 16 e 24 anos, reciben desde o pasado mes de decembro unha formación teórico-práctica enmarcada en tres especialidades relacionadas co mundo do mar; "Carpintería de ribeira", "Novas técnicas de construcción naval" e "Actividades naúticas".A Escola Obradoiro está ubicada preto do mar na mesma nave na que se desenvolveu hai dous anos outra Escola Obradoiro, tamén chamada "Mar de Vigo", o que facilita as actividades naúticas dos alumnos.
"Mar de Vigo II", que terá unha duración de 18 meses, conta cunha subvención da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de máis de 730.000 €, namentras que o Concello de Vigo aporta as instalacións, mobiliario, equipos informáticos e maquinaria para as obras.
Con este proxecto trátase de continuar coa dinamización do sector da navegación e da construcción de embarcacións tradicionais, como xacemento de emprego para profesións cunha importante proxección no sector turístico. O proxecto de "Mar de Vigo II" non só se centra na recuperación de patrimonio histórico-artístico, obxectivo habitual das escolas-obradoiros, senon que actuará sobre un patrimonio natural, como é o mar, principal recurso da cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes