Escoitar
O vindeiro luns, día Internacional da Muller, ponse en marcha a campaña "Non máis cómplices da violencia contra a muller"

O Concello quere implicar a toda a sociedade viguesa na campaña contra a violencia de xénero

O Concello de Vigo quere extender na sociedade viguesa unha mensaxe contra a violencia hacia a muller. O vindeiro luns, 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, o Concello porá en marcha a campaña "Non máis cómplices da violencia contra a muller" coa que pretende que cada sector da sociedade e cada vigués, a título individual, se convirta nun medio de expresión desta campaña.

venres, 5 mar 2004
1078483774noviolencia.jpg
A concelleira delegada da área de Muller, Lucía Molares, presentou hoxe as iniciativas coas que o Concello, co respaldo de toda a Corporación, quere contribuir na loita contra a violencia doméstica e contra a muller. A concelleira destacou que "non vai ser unha campaña institucional, senón social, que asuman coma súa aqueles colectivos que decidan difundila". Neste sentido, no mes de marzo comezará a difusión dos carteis da campaña a través dos mupis do mobiliario urban e do sector do comercio, que fixo súa esta campaña nos seus establecementos. O Concello, coa axuda das organizacións de comerciantes de Vigo, distribuiu 1.000 carteis, 5.000 pegatinas e 1.500 pins polo pequeno comercio e os mercados.

Segundo indicou a concelleira, a campaña extenderase de xeito progresivo ós distintos sectores. Así, no mes de abril comezará nos establecementos relacionados co turismo (hoteis, restaurantes, cafeterías...); en xullo nas áreas comerciais e grandes superficies; a partires do outono, a difusión se fará en centros escolares e a universidade, e rematará a finais de ano no sector deportivo (agrupacións e sociedades, clubes, etc.).

Lucía Molares destacou que, de xeito paralelo, o Concello pretende que se impliquen na campaña outros colectivos, como os veciñais e culturais, así coma os medios de comunicación, e dixo que o Concello xa conta co apoio do movemento asociativo de mulleres de Vigo. Ademais, se invitará a cada sector a que tome a iniciativa e organice actos ou calquera tipo de actividade que teña por obxecto reforza-la idea de combati-la complicidade na violencia hacia as mulleres. Tamén a recollida de sinaturas será permanente no tempo que dure a campaña, fixando o obxectivo de acadar un total de 100.000.

Cada mes, o Concello informará á cidadanía a través dos medios de comunicación do desenvolvemento da campaña, tanto para dar conta do número de sinaturas acadadas ata a data coma para anunciar as actividades concretas programadas pola concellería ou polos colectivos que se sumen á campaña.
Descargar todas as imaxes