Escoitar

Xuventude programa novas exposicións

A Casa da Xuventude inicia este mes de marzo unha nova rolda de exposicións co título xenérico de "punto de encontro" que se prolongarán ata o mes de xullo. Nestes meses poderase visitar mostras de fotografía, pintura, publicacións e diferentes traballos de colectivos.

xoves, 4 mar 2004
1078410317expo.jpg
ÁLVARO VIDAL
FOTOGRAFÍA
(Do 9 ó 18 de marzo)

Xoven fotógrafo que ten realizado mostras dos seus traballos en publicacións e revistas fotográficas como "Las mejores fotos del año" con imaxes de natureza e outras. Así mesmo ten concursado e gañado premios na súa especialidade. Ante a dificultade de atopar lugares onde amosar o seu traballo acude á nosa sala, facendo nesta ocasión unha mostra das instalacións do Museo do Mar nas que destaca o deseño da súa estructura onde a pedra é o elemento principal así coma o entorno onde está situado.

I.E.S. POLITÉCNICO
PINTURA
(Do 23 de marzo ó 2 de abril)

Tentando respostar ás necesidades dos xoves e neste caso dun colectivo englobado no ámbito da educación, a sala acolle unha mostra dos traballos dos rapaces e rapazas do I.E.S. Politécnico que eles mesmos solicitaron. Estase tratando de involucrar ós centros educativos que así o desexen no desenvolvemento das mostras e actividades da sala.

INCLUSIÓN SOCIAL
FOTOGRAFÍAS, PUBLICACIÓNS
(Do 13 ó 23 de abril)

Inclusión social é unha asociación de promoción das persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais , económicas ou culturais. Fundada en maio de 2003 , amosa os seus traballos, fotografías e publicacións, así coma as actividades realizadas pola asociación, facendo fincapé no tratamento pormenorizado da exclusión que sofre a xuventude. Na medida do posible, na mostra que realizará na Casa da Xuventude reunirá asociacións que traballen neste senso co fin de relacionalas e dalas a coñecer.

COLEXIO LOS SAUCES
ARTES PLÁSTICAS
(Do 27 de abril ó 7 de maio)

Na mesma liña de colaboración cos eidos nos que se desenvolve a xuventude, acóllese outra mostra de alumnos doutro centro da cidade. Se trata pois dunha exposición de artes plásticas dos alumnos e alumnas de Los Sauces, na que se busca a implicación dos xoves creadores. A proposta da exposición, está baseada no proceso de comunicación e en cómo o individuo se sitúa ante a arte contemporánea, incidindo na descorporeización e na asunción dun espectador "instalado na distancia".

CLUBE BEIRAMAR
TRABALLOS DE NENAS E NENOS
(Do 11 ó 21 de maio)

A relación coas asociacións e entidades de carácter xuvenil é un dos obxectivos desta sala de mostras, que permanece disponible para ofertas de diferentes tipos. No caso do clube Beiramar, que xa ten realizado varias mostras o longo das roldas organizadas, faise unha exposición de traballos dos participantes que asisten as actividades que este clube realiza. A ocasión implica tamén que este organismo se dea a coñecer.

A.E.C.C.
TRABALLOS DE NENAS E NENOS
(Do 25 de maio ó 4 de xuño)

Respondendo á mesma necesidade comentada anteriormente, o clube Xoves pola Saúde dependente da Asociación Española Contra o Cancro, expón os traballos dos socios e a dinámica a seguir por este colectivo para alentar ou acometer unha educación pola saúde viable e acorde coas necesidade xuvenís.

ÁNGELA FREIRE
PINTURA
(Do 8 ó 18 de xuño)

Unha xove pintora que de xeito particular achégase á sala para utilizala coma plataforma para darse a coñecer.

LEANDRO SÁNCHEZ e DIEGO ALFONSÍN
FOTOGRAFÍAS E ESCRITOS//ARTE EN TINTA
(Do 22 de xuño ó 2 de xullo)

Leandro é un xove arxentino recién chegado a Galicia que pretende amosarnos unha visión particular do seu pais por medio de fotografías e escritos sinxelos e reais.

Diego comparte a sala para albergar os traballos realizados en tinta baixo o título Microorganismos.

MARÍA REY
VARIAS ARTES
(Do 6 ó 16 de xullo)

María ten exposto connosco noutra ocasión. Estudiante de Belas Artes en Pontevedra esta xove artista trata sempre de investigar e utilizar diferentes recursos para desenvolver o seu traballo. Nesta ocasión realizará unha mostra de pintura, debuxo, escultura, fotografía e imaxes de cortos

YANKA xl
FOTOGRAFÍA
(Do 20 ó 30 de xullo)

Outro dos novos valores a quén se lle trata de dar pulo mediante o programa de exposicións é este xove chamado en realidade Juan Carlos. Experimenta coa fotografía aparte doutras artes, e ten a oportunidade de amosar o seu traballo para todo o público de Vigo.
Descargar todas as imaxes