O Concello asina un convenio coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e co cine Club Lumière
A Concellería de Participación Cidadá e o de Festas e Animación Sociocultural asinaron un convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para desenvolver as actividades do Trofeo Cidade de Vigo de xogos de mesa, a Festa das Peñas, a Festa do Mexillón e O Magosto.
O convenio ascende este ano a unha contía de 36.686 euros, dos que 24.650 euros son de Festas e Animación Sociocultural para financiar a Festa do Mexillón , o Magosto e circuítos culturais, e 12.036 euros de Participación Cidadá para o Trofeo de xogos de mesa, a Festa das Peñas e a edición dunha revista anual.
Tanto Lucía Molares como Ignacio López Chaves agradecéronlle o presidente das Peñas, Balbino Moreira, o traballo que veñen realizando en pro da nosa cidade, así como o labor de colaboración co Concello dende o ano 1996.
Novo convenio cine Club Lumière
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves, a presidenta do cineclub, Anabel González e a súa directora, Emilia López, presentaron o novo convenio de colaboración que alcanza ós 9.000 euros e a cesión do auditorio municipal para as proxeccións.
López Chaves lembrou que o cine club Lumiere é a única entidades deste tipo existente na provincia e que ven levando a cabo dende o ano 93 unha importante labor na cidade de Vigo de desenvolvemento do cine, mediante a organización de ciclos de programación cinematográfica mensuais e permanentes.
Anuncio tamén o López Chaves a vontade da concellería de Festas da organizar co cine club Lumiere unha programación para público infantil entre os meses de abril, maio e xuño que se celebraran os sábados pola mañá no auditorio municipal.
Pola súa banda, Emilia López lembrou o labor do Lumiere "ofrecer filmes en versión orixinal que amosan outra realidade política, social e cultural; que xunto ao lecer propician a reflexión sobre o mundo" e que durante o ano pasado mais de 6.000 persoas asistiron ás proxección programadas polo club.