Alumnos da escola municipal de teatro representa "Asemblearias"
Alumnos da Escola Municipal de teatro realizaran os días 3 e 4 de marzo unha montaxe da obra "Asemblearias" de Aristófanes. O espectáculo terá lugar no auditorio do Monte da Mina,16 ás 20.30 horas con entrada gratuíta.
A montaxe estará a cargo dos alumnos que recibiron hoxe os diplomas do curso de convalidación de estudios da Escola e que entregou o concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves.
Durante este curso o traballo dos alumnos da Escola presentouse para desenvolver unha experiencia creativo e pedagóxica nun corto período de tempo. Decidiuse abordar unha posta en escena desde a lectura do texto dun autor dramático, desenmarañando a súa estructura e o seu contido comunicativo ata a súa presentación no escenario. A elección de "Asemblearias" vinculouse con proceso de traballo estilo grotesco que se achega , a través da comedia, á escola do humor. O espectador terá diante súa un trabalo da escola , coas súas limitacións pero tamén cos seus atractivos.
"Asemblearias" é unha comedia que nos alonga á Atenas clásica agoniada por un sinfín de guerras e intereses políticos, pero que, ó tempo, achega unha sinrazón e caos irónico que semella o humor actual.