Escoitar

Programa Movevigo: a expresión cultural dos barrios

Actuacións de música clásica, folk e tradicional, títeres , teatro e animación infantil centran a programación do mes de marzo do programa Movevigo que organiza a Federación de Veciños e patrocina a concellería de Festas do Concello de Vigo cunha achega de 24.000 euros. Para realizar este programa asinábase está mañá un convenio de colaboración entre o Concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e a presidenta da Federación de Veciños, Elena González.

martes, 2 mar 2004
1078240243movevigo.jpg
No convenio establecese que a Federación coordinará e dinamizará as actividades que realizan as 33 asociacións veciñais que están federadas e que levan a acabo unha labor social de divulgación da cultura tradicional galega, ase como das oitenta e catro agrupacións culturais.

Programa mes de marzo

Venres 5
MÚSICA CLÁSICA
20:30h: ‘Trío Scerzo’ do Freixeiro
A.V. Doutor Fleming.
Nota: No conservatorio superior de música do Castro

Sábado 6
TÍTERES
18:00h: Títeres ‘Arrefríos’ do Freixo
na A.V. Cabral (Avda. Santa Mariña 95)
TEATRO
18:30h: ‘Teatro Tarantela’ de Beade
Títulos:
- ‘A laranxa máis laranxa de todas as Laranxas’ de Carlos Casares
- ‘A tía Lambida’ de E. Blanco Amor
na A.V. Valadares (estrada de Valadares 233)

Venres 12
ANIMACIÓN INFANTIL
18:00h: Grupo de play-back ‘Fascinante’ de Sampaio, na A.V de Lavadores (Avda. Ramón Nieto,302)

Sábado 13
MÚSICA CLÁSICA
20:30h: ‘Trío Scerzo’ do Freixeiro
na A.V Emilio Crespo de Navia (r/ Bravo, 6)

Sábado 20
MÚSICA FOLK
20:30h: ‘Vieiros’ do Freixeiro
na A.V. Sampaio (Casal de Arriba, 6)
MÚSICA TRADICIONAL
19:00h: Grupo de Pandeiretas de Valadares
‘Meigallo’ de Lavadores
Grupo de Baile da A.V. Val do Fragoso
na A.V. Val do Fragoso (Val Miñor s/n)

Sábado 27
ANIMACIÓN INFANTIL
19:30h: Grupo de play-back ‘Fascinante’ de Sampaio na A.V ‘O Freixo’ (Estrada San Xoán s/n)
MÚSICA FOLK
21:00h: Será Popular
- ‘Vieiros‘ do Freixeiro
- ‘Retrincos’ de Valadares
- ‘Cantareiras do Alba’ de Valadares
na A.V. Valadares (estrada de Valadares, 233
Descargar todas as imaxes