Escoitar

Acordos da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación á Autodesguaces Vigo de 69 vehículos para chatarra de depósito de Avenida de Madrid. Neste senso a alcaldesa, Corina Porro, deu instrucción ós servicios de Patrimonio e Contratación para a elaboración dun concurso público para liberar os terreos do depósito municipal da chatarra e vehículos almacenados.

luns, 1 mar 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións para determinar o seu estado de conservación e a proposta do modificado do proxecto de execución do aparcadoiro soterrado de Urzaiz, novo deseño da superficie e reestructuración do tráfico. Sobre este asunto a alcaldesa encargou aos servicios de vías e obras un proxecto de mellora para todas as rúas do entorno de Urzaiz que sufriron deterioro polas obras do aparcamento.

Outro asunto que tratou a Xunta de Goberno e ratificou foi o convenio para a realización do proxecto "Natureza viva:proxecto transfronteirizo de ordenación dos usos do monte periurbano nos municipios de Vigo e Vilanova de Cerveira.