Escoitar

Anfaco recibirá a medalla da cidade de 2004

O pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por aclamación conceder a medalla da cidade de 2004 á Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos (ANFACO) "en recoñecemento a súa prolongada labor de 100 anos a prol da primeira industria da cidade". A medalla entregarase o próximo día 27 de marzo no transcurso dunha cerimonia con motivo do Día da Reconquista.

luns, 8 mar 2004
1078748243plenoanfaco.jpg
Momento do pleno
A Asociación Anfaco fundada en 1904 baixo o nome de Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo ven desenvolvendo a súa labor durante todo un século baixo o devandito nome e posteriormente como Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos dende 1977.

Integra a máis de 175 empresas vinculadas ó sector industrial transformador de mariscos e pescados en tódolos seus ramos de producción incluídos servicios auxiliares e colaboracións a nivel mundial.

Anfaco ven desenvolvendo as súas tarefas baixo tres liñas fundamentais: asociativo, englobando aos fabricantes dende 1949; de investigación e desenvolvemento a través do seu laboratorio do departamento técnico, e de colaboración coa administración non só dende o punto de vista de análise e publicacións, senón tamén de control de calidade dos productos da pesca.

A súa traxectoria internacional van marcada polos seus acordos con empresas de distintos países europeos e latinoamericanos, se ben a maior parte do seus asociados radican en Galicia e en España, sendo asemade membro do Comité Consultivo de Pesca de España e da Unión Europea.

É tamén titular da cátedra Anfaco da Universidade de Vigo onde radica o seu centro técnico. O recoñecemento público nacional e internacional avala a calidade dos seus servicios.

Por todo isto, Anfaco é unha das asociacións que máis contribúen ó coñecemento da cidade como punto básico na industria extractiva e transformadora de pescado e mariscos en todo o mundo. Doutro xeito, a súa continuidade con 100 anos de servicio á comunidade, constitúen o máis importante bagaxe demostrativo da importancia de esta entidade.
Descargar todas as imaxes