luns, 8 mar 2004
                    O pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por aclamación conceder a medalla da cidade de 2004 á Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos  (ANFACO) "en recoñecemento a súa prolongada labor de 100 anos a prol da primeira industria da cidade". A medalla entregarase o próximo día 27 de marzo no transcurso dunha cerimonia con motivo do Día da Reconquista. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 8 mar 2004
                    O corpo de Bombeiros celebrou hoxe a festividade de San Juan de Dios, o seu patrón, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguiu unha exhibición dos vehículos que posúe o corpo e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade do centro. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello. 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    luns, 8 mar 2004
                    Un  total  de  30 millóns de euros serán investidos na rehabilitación da zona  vella  de  Vigo  pola Xunta de Galicia, a Zona Franca e o Concello de Vigo,  segundo  recolle  o convenio aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local  na súa reunión semanal.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    luns, 8 mar 2004
                    "Castrelos Inédito. Obras na reserva do museo municipal de Vigo 1950-2000" é a exposición que dende o  9 de marzo ó 11 de abril poderase visitar na Casa das Artes.