Policía local e nacional reforzan a colaboración en materia de seguridade cidadá
A Policía Local e a Nacional reforzarán a coordinación e a colaboración para garanti-la seguridade cidadá dos habitantes do termo municipal. A alcaldesa, Corina Porro, e o secretario de Estado de Seguridade, Ignacio Astarloa, asinaron hoxe un acordo de colaboración entre o Concello de Vigo e o Ministerio de Interior en materia policial que, entre outras, contempla o desenvolvemento de actuacións conxuntas de vixilancia e prevención nas zonas da cidade máis castigadas pola actividade delictiva.