Escoitar

A Casa das Artes acolle unha exposición sobre "Castrelos inédito"

"Castrelos Inédito. Obras na reserva do museo municipal de Vigo 1950-2000" é a exposición que dende o 9 de marzo ó 11 de abril pódese visitar na Casa das Artes. Con esta exposición iniciase a intención do actual goberno municipal de dar unha nova andadura o Museo de Castrelos e achegar as súas riquezas a tódolos cidadáns .

martes, 9 mar 2004
1078840417CASTRELOS.jpg
Esta exposición, primeira dunha serie de dúas, pretende dar a coñecer ó público as obras de arte do museo municipal "Quiñones de León" menos coñecidas por atoparse nas salas de reserva do museo ou depositadas como préstamo a outras institucións viguesas. A selección foi realizada polos especialistas en arte e no museo de Castrelos, o pintor Antonio Quesada e o crítico Francisco Pablos .

Nesta primeira exposición presentase máis de 100 obras de arte, tanto pintura como escultura, producidas en Galicia durante a segunda metade do século XX. Poderanse ver pezas dunha amplísima nómina de artistas. Estas obras proceden do propio museo municipal de Castrelos, do Concello, e dos depósitos do Marco, da Universidade de Vigo, da Fundación Provigo e do Instituto Santa Irene.

A segunda exposición abranguerá a formación da pinacoteca cos autores máis representativos na primeira metade do século XX en Galicia.

No catálogo da exposición pódese encontrar unha breve historia de cómo foron chegando as coleccións ós fondos de Castrelos e tamén as datas máis importantes para a historia do pazo, tanto no que se refire á propia arquitectura como ás coleccións de arte e arqueoloxía que posúe.
Descargar todas as imaxes