mércores, 10 marzo 2004

Aproba unha nova fase da iniciativa comunitaria Equal denominada Acción 3

mércores, 10 mar 2004

O Ministerio de Traballo, a través da Unidade Administrativa do Fondo Social Europeo, comunicou á presidenta da Mancomunidade, Corina Porro, a aprobación dunha nova fase da iniciativa comunitaria Equal, denominada Acción 3. A nova fase está adicada á creación de redes temáticas, a difusión de prácticas e a transferencia do facer da iniciativa Equal ás políticas nacionais en materia de emprego.

Concello, Xunta e Zona Franca adquirirán e rehabilitarán vivendas e locais comerciais no Casco Vello de vigo, cun investimento de 30 millóns de euros

mércores, 10 mar 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo e, o Delegado do Estado para a Zona Franca, Pablo Egerique, asinaron hoxe, o convenio de colaboración para iniciar a rehabilitación do Casco Vello de Vigo, no que as tres institucións adquirirán e rehabilitarán vivendas e locais comerciais.

Ciclo de "cine e case cine"

mércores, 10 mar 2004

O Marco continua coas proxeccións do ciclo de "Cine e case cine" no salón de actos do Museo O xoves, día 11, ás 20 horas, proxectaranse os traballos Marine Hugonnier "Ariana" e de Iñaki Garmendia/Asier Mendizábal "Goierri Konpeti"

Colaboración de Industrias Proa coa Fundación Laxeiro

mércores, 10 mar 2004

A Fundación Laxeiro e Industrias Proa, S.A. asinan a renovación do convenio de colaboración co obxectivo de cooperar nas actividades que a Fundación desenvolve. Tratase dun convenio de patrocinio no que Industrias Proa se compromete a facilitar pintura e man de obra para os espacios expositivos da Fundación Laxeiro, así como o mantemento da zona administrativa e o Obradoiro pedagóxico chamado Espacio azul.