Escoitar

Colaboración de Industrias Proa coa Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro e Industrias Proa, S.A. asinan a renovación do convenio de colaboración co obxectivo de cooperar nas actividades que a Fundación desenvolve. Tratase dun convenio de patrocinio no que Industrias Proa se compromete a facilitar pintura e man de obra para os espacios expositivos da Fundación Laxeiro, así como o mantemento da zona administrativa e o Obradoiro pedagóxico chamado Espacio azul.

mércores, 10 mar 2004
1078920948nenos.jpg
Actividade didáctica da Fundación Laxeiro
Esta é unha fórmula de colaboración na que ambas partes séntense moi beneficiadas, xa que, no caso da entidade patrocinadora en vez de aportar unha cantidade económica, aporta o seu producto: pintura e a man de obra necesaria para levar a cabo as montaxes das exposicións temporais e o mantemento da Colección Permanente e o resto das instalacións. E no caso da entidade patrocinada (Fundación Laxeiro) este acordo supón un aforro duns 4.000 € anuais, algo bastante significativo para os axustados orzamentos anuais da Fundación.

Con este acto público, a Fundación Laxeiro quere agradecer a Industrias Proa, S.A. a sensibilidade demostrada co mundo da Cultura e quere animar a outras empresas e entidades a que se sumen a esta iniciativa, un excelente exemplo de imaxinación no eido do patrocinio cultural.
Descargar todas as imaxes