Escoitar

Festas convoca subvencións para actividade socioculturais

A concellería de Festas e Animación Sociocultural abre ata o próximo 26 de marzo o prazo de subvención para programas e actividades socioculturais que se realicen con carácter público durante todo o exercicio 2004. Nesta ocasión destínanse un total de 100.000 euros.

mércores, 10 mar 2004
1078921419pepaplana.jpg
A presente convocatoria de subvencións terá como principais obxectivos apoia-los programas e actividades socioculturais realizados por entidades ou particulares que complementen a programación e os servicios municipais neste ámbito; favorece-lo desenvolvemento dos programas e actividades socioculturais promovidos polas asociacións veciñais e culturais para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e estimula-la participación dos diversos axentes socioculturais locais.

Poderán ser solicitantes de subvencións as asociacións, comisións de festas e outras realidades asociativas que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e as persoas físicas ou xurídicas, individual ou mancomunadamente.

As solicitudes de subvención presentaranse ata o 26 de marzo a través do Rexistro Xeral do Concello.
Descargar todas as imaxes