Programa de axudas para as entidades deportivas<br />
A concellería de Deportes, Lucía Molares, presentou o programa de axudas para as entidades deportivas da cidade coas que se pretende fomentar e promover a actividade deportiva mediante dúas liñas de subvención.
As subvencións refírense ós clubs deportivos de Vigo pola actividade desenvolvida na temporada e a entidades deportivas para a organización de eventos deportivos no ano 2004.
Para a subvención ós clubs deportivos pola actividade desenvolvida na temporada destinarase un crédito de 451.000 euros. Segundo a previsión da concellería de Deportes se atenderán as peticións de máis de 150 clubs.
Os criterios de avaliación de subvencións figuran nas bases da convocatoria que se realiza baixo os principios de obxectividade, publicidade e concorrencia, co obxecto de calquera club se poda presentar.
A documentación pódese recoller no Servicio de Deportes, na 10ª planta da Casa do Concello. Os clubs teñen un prazo de 30 días naturais para presentar a documentación a contar dende o venres día 12 de marzo.
Para subvencións a entidades para a organización de eventos deportivos, a concellería de Deportes ten a previsión de que en Vigo se desenvolvan máis de 160 eventos deportivos. Estes eventos presentan distinta categoría e incidencia no sistema deportivo local.
A Concellería atende de xeito directo estes eventos, fomentando a súa realización con trofeos, aportando a megafonía ou a confección de carteis. Asemade destas actuacións, o Concello de Vigo, convoca ós clubs deportivos que teñen previsto organizar eventos durante o ano 2004 a participar na convocatoria que se realiza para subvencionar a organización destas actividades.
Se destina este ano un crédito de 90.150 euros que se incrementará o longo do exercicio orzamentario en un 117% co obxecto de atender a importante demanda de axudas que hai prevista.
O prazo de presentación de estas axudas é de 15 días naturais antes da celebración do evento. Coa excepción dos eventos que xa se teñan celebrado este ano. A documentación pódese recoller no Servicio de Deportes, na 10ª planta da Casa do Concello.