Seguridade retira a publicidade colocada nos semáforos
A concellería de Mobilidade e Seguridade está a realizar traballos de limpeza na rede semafórica da cidade que consiste na retirada de publicidade colocada irregularmente nos semáforos.<br />

O actual Goberno Municipal detectou , dende os primeiros días de mandato, unha deficiencia importante na limpeza e aspecto exterior dos elementos visibles da rede semafórica principalmente nos báculos, columnas, caixas de regulador e central de zona. Tal deficiencia consiste no pegado de anuncios e material publicitario que produce modificacións no aspecto exterior deste elementos sobre todo na cor verde da sinalización semafórica.
A concellería de Mobilidade entende que estas deficiencias provocan problemas mais graves como distraccións aos usuarios da vía ou problemas de corrosión.
Ante tales feitos o Goberno Municipal decidiu actuar xe xeito contundente ordenando, en primeira instancia, unha limpeza integral de tódolos elementos da rede semafórica da cidade, ase como o repintado dos semáforos que foran preciso. Ata o de agora actuose en semáforos de máis de 100 rúas urbanas.