Os concelleiros de distrito traballan xa nas súas sedes no Calvario, Coia e Matamá
O Calvario, Coia e Matamá acollen as novas concellerías. María Soledad Polo, Carlos Comesaña e José Manuel Couto incorporáronse os seus novos espacios de traballo
As sedes das novas concellerías de distrito están situadas nos barrios de O Calvario, Coia, e na parroquia de Matamá. José Manuel Couto, María Soledad Polo e Carlos Comesaña incorporáronse xa ós seus novos espacios de traballo, desde onde canalizarán e aproximarán as demandas, suxestións, reclamacións e aspiracións das comunidades de veciños da cidade ó Concello.
A concellería de distrito de José Manuel Couto, que xestiona os distritos 6 e 7, que comprenden as zonas do Calvario, Teis, Lavadores, Candeán e Cabral, ten a súa sede nos locais onde se atopa tamén a UBAS de Rivera Atienza, na rúa Martínez Garrido, 21. O concelleiro está encargado tamén da dirección e xestión do Organismo Autónomo Municipal "Parque Natural das Ciencias-Vigo zoo".
María Soledad Polo Lima dirixe a concellería do distrito 4, que abrangue as zonas de Balaídos, Espedrigada e Coia, e ten a súa oficina na UBAS de Coia, na rúa Salvaterra, 9, baixo. Nembargantes, a intención do Concello é trasladar nun futuro esta concellería a un novo local municipal que na actualidade se atopa en obras.
A concellería que dirixe Carlos Comesaña, que se ocupa dos distritos 5 e 8, que inclúen as zonas de Freixeiro, Castrelos, Sárdoma, Matamá, Beade, Valadares e Zamáns, está emprazada na rúa de Castro, 19, na parroquia de Matamá. Neste local ten a súa sede tamén a Asociación de Veciños La Unión.
A vindeira semana, trasladarase ás sedes destas concellerías a persoal administrativo, e convocarase a Mesa de Participación Veciñal. As concellerías de distrito, que amosan un novo modelo de descentralización municipal, terán diferentes servicios. Nos vindeiros meses, conforme se avance na adaptación da lexislación á Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local, ampliaranse as competencias. Ademais da policía de distrito, as concellerías de distrito contarán cunha unidade de Promoción da Saúde e Unidade Básica de Acción Social, unha unidade de Mantemento e Reparacións coa súa brigada de obras, e unha unidade de Tramitación Administrativa e Atención ó Público.