Escoitar

Franquiatlántico constata que a franquicia consolídase en Galicia como fórmula empresarial

Franquiatlántico abrirá a súa quinta edición do 23 ao 25 de xaneiro no recinto do IFEVI, en Cotogrande e conta coa colaboración da concellería de Emprego do Concello de Vigo. Unhas xornadas técnicas, premios, 120 expositores e 300 marcas conforman a oferta desta edición para os visitantes.

martes, 20 xan 2004
1074609571car7.jpg
Franquialtántico é unha plataforma orientada á difusión das novidades en productos e servicios do sector da franquicia e un punto de contacto con empresas, asociacións, organismos e especialistas referentes no sector.

A organización do salón constata que a franquicia en Galicia consolídase como fórmula empresarial, xa que segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Política Comercial do Ministerio de Economía, as firmas con sede en Galicia pasaron de 20, no ano 2001, a 27 a finais do ano 2002 ( os datos do 2003 aínda non están publicados). O número de establecementos pasou de 1037 a 1176.

O Salón do Emprendedor celebrase conxuntamente con Franquiatlántico e pretende ofrecer un espacio aberto no que artellar unha rede de administracións públicas, entidades privadas, asociacións e colectivos co fin de darlle a coñecer a novos emprendedores as posibilidades de negocio. Ofreceráselles tamén asesoramento para pór en marcha unha empresa, as claves dos factores de éxito empresariais ou as subvencións ás que poden optar.
Descargar todas as imaxes