A Casa das Mulleres consolidase como un espacio de encontro e debate
1.475 persoas pasaron pola Casa das Mulleres dende a súa posta en marcha o pasado mes de marzo e segundo se específica na memoria do 2003. As actividades realizadas foron 192. A Casa das Mulleres conta con tres aulas espaciosas, unha oficina e un almacén-arquivo. Nas súas dependencias desenvólvense programas de actividades organizados desde a concellería por diferentes asociacións de mulleres.
A concellería da Muller abriu a Cas das Mulleres o 17 de marzo de 2003, na rúa Romil, co obxecto de proporcionar un espacio de encontro e de intercambio ás asociacións de Mulleres da cidade de Vigo. Durante o ano 2003 a Casa das Mulleres estivo aberta en dous períodos: dende o 17 de marzo ata o 30 de xuño e dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro. O total de semanas operativas foi de 32, descontados os correspondentes períodos de vacacións.
A Casa das Mulleres está a ser un servicio básico para as entidades de mulleres de Vigo na que se cobren as súas necesidades de espacio tanto para a súa dinámica ordinaria ( xuntanzas e encontros) como para as súas actividades ( cursos, charlas).A evidencia desta consideración pódese ver na evolución tanto no uso das salas (192 actividades) como na participación (1475 usuarias).
O servicio de atención ao público tamén cubre unha necesidade de información e orientación no eido da muller, complementando outros servicios da Concellería da Muller. Máis da metade das 358 consultas recibidas teñen que ver cos servicios da Casa das Mulleres e da Concellería da Muller.
Na casa das Mulleres dáselle cabida a un número amplo de entidades ( 18 en total), das cales cinco fan un uso frecuente das mesmas e o resto un uso esporádico.A convivencias das diversas entidades posibilita o encontro e achegamento mutuo, o que leva consigo un intercambio de información e, en ocasións, a realización de traballos e proxectos conxuntos.
O horario de atención ao público comprende tres horas diarias ( de 18 a 21 horas) de luns a venres, véndose reforzado durante o último mes e medio en tres horas adicionais ( de 16 a 22 horas) debido á forte demanda existente de espacios.
Descargar todas as imaxes