Escoitar

Seguridade adecúa a sinalización do túnel de Beiramar

A Concellería de Mobilidade e Seguridade ven de realizar unha actuación na sinalización vertical e horizontal no interior e exterior do túnel de Beiramar. A sinalización atopábase en mal estado debido principalmente ao seu abandono e dispersión.

venres, 16 xan 2004
1074265092barrera.jpg
O actual equipo de goberno, dende os primeiros días da súa toma de posesión, foi sensible ao asunto polo que decidiu actuar na ordenación da sinalización dispersa nas barreiras exteriores no acceso do Berbés.

A Concellería de Mobilidade e Seguridade realizou tamén unha limpeza dos paneis de sinalización vertical e barreiras de segregación de carrís. No interior do túnel limpáronse totalmente as barreiras que estaban totalmente opacas e non se apreciaba a cor, de tal xeito que agora pode comprobarse novamente que unhas son brancas e outras vermellas.

A semana pasada realizáronse traballos de limpeza das barreiras, tarefa que non se levara a cabo dende a data da súa colocación.
1074265092barrera.jpg
1074265102barrera1.jpg
1074265115barrera3.jpg
1074265128sh.jpg
1074265261sh1.jpg
Descargar todas as imaxes