Corina Porro aposta por converter o Casco Vello no emblema da cidade
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, apostou hoxe por converter o Casco Vello no "emblema de Vigo" e recuperar espacios na zona para o desfrute e o ocio dos vigueses. Corina Porro, acompañada por un arquitecto municipal e outro da delegación da Consellería de Economía, así coma a secretaria desta delegación, visitou hoxe as instalacións do edificio Cambón, onde se vai emprazar a Alcaldía de Vigo. Corina Porro indicou neste sentido a posibilidade de que se sitúe tamén neste inmoble o salón de plenos, e avanzou que espera que o traslado se produza este ano. <br />
A alcaldesa, que despois realizou unha visita polo Casco Vello vigués, apostou por facer un esforzo, recupera-lo tempo perdido e converte-lo Casco Vello no emblema de Vigo. Con respecto ó edificio Cambón, de 1.300 metros cadrados, planta baixa, entreplanta, primeira e baixo cuberta, sinalou que se está a traballar na cesión do inmoble ó Concello e que "agora, coa presentación de planos e proxectos, se empezará a traballar na recuperación e restauración" deste inmoble, e que isto será "unha prioridade absoluta" do Concello. Corina Porro destacou o "gran valor" histórico da zona na que se empraza o edificio Cambón.
Por outra banda, a alcaldesa apostou hoxe pola mellora do mantemento da cidade e for facer Vigo máis habitable. Pola mañá, Corina Porro supervisou varios modelos de ornamentación que se van a instalar nos "parterres" da Gran Vía e que se integran no plan de recuperación da cidade que está a executa-lo concelleiro de Servicios Xerais, José Manuel Iglesias, no que se abordarán tamén aspectos coma o asfaltado e o pintado de rúas.