Escoitar

O MARCO presenta a súa programación do primeiro trimestre do ano

A directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso, presentou a programación trimestral para os vindeiros tres meses do ano 2004: exposicións temporais, actividades audiovisuais, concertos de arte sonora, mesas redondas e conferencias, e programa didáctico, entre outras.

mércores, 14 xan 2004
1074091068vila.jpg
Foto de Marcos Vilariño
Programación de exposicións temporais
"O FEITO FOTOGRÁFICO. Colección fotográfica do Concello de Vigo 1984-2000". Salas de exposición do 1º andar
Do 23 de xaneiro ó 14 de marzo de 2004
"FOTOGRAFÍA E ARTE. Variacións en España 1900-1980". Salas de exposición da planta baixa.Do 6 de febreiro ó 16 de maio de 2004

Talleres con artistas: "A FOTOGRAFÍA SEN CÁMARA"
Taller de creación artística, dirixido por Carlos Tejo e Mar R. Caldas, como achegamento ó medio fotográfico máis aló do uso exclusivo da cámara.

Programación didáctica: "ARTE CON SENTIDO..."
"Arte con sentido... para escolares". Programa de visitas guiadas ás exposicións e obradoiros específicos para alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato
"Arte con sentido... para familias". Espectáculos (títeres e contacontos) e obradoiros para nenos/as a partir de 2 anos acompañados:
"Arte con sentido... para nen@s". Obradoiros plásticos para nenos/as de 3 a 8 anos
"Arte con sentido... para adultos". Curso de aproximación á arte contemporánea para persoas adultas. Inicio do 2º Ciclo.

Programación audiovisual
Marzo: Ciclo "CINE E CASE CINE"
Producción: Dpto. de Obras de Arte Audiovisuais do MNCARS (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía)

Actividades complementarias: conferencias e mesas redondas de expertos en torno ás exposicións temporais.

Actividades paralelas:
entre outras, conferencia de Harald Szeemann, comisario independente, ex-director da Documenta de Kassel e da Bienal de Venecia.
Descargar todas as imaxes