Escoitar

Democracia Progresista presenta unha moción para crear itinerarios de carrís bici

O grupo municipal de Democracia Progresista Galega ven de presentar unha moción para tratar no Pleno da Corporación sobre os carrís para bicicletas en Vigo.

mércores, 14 xan 2004
Exposición de motivos:

Coidamos que se deben crear itinerarios de carrís-bici en distintas rúas da cidade e dende logo, nas rúas das novas urbanizacións.

Os precedentes sobre a instalación de carrís-bici veñen de cando eu era Alcalde, aínda que esa práctica, como tantas outras, non tivo continuidade despois.

Máis tarde D. Agustín Arca presentou unha moción pra que se implantasen carrís bici en todas as novas urbanizacións da cidade, moción que foi aprobada por unanimidade daquela durante o mandato do goberno municipal tripartito, e sistematicamente incumprida por aquel mesmo goberno e polos que o seguiron.

Consonte co antedito propoñemos:

1.-Que se estudie unha rede de carrís bici en todas as rúas e camiños do termo municipal de Vigo onde sexa tecnicamente que sexa posible.

2.-Que a moción presentada no seu día por D. Agustín Arca, q.e.p.d., que foi aprobada por unanimidade pola Corporación no sentido de que se implanten carrís bici en todas as rúas de novas urbanizacións se materialice xa, comezando pola súa definición nos traballos que está a face-lo equipo redactor do Plan Xeral.