mércores, 14 xan 2004
O próximo día 20 remata o prazo para presentar os traballos do XVIII Concurso de Carteis do Entroido.O obxecto deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na difusión do programa do ENTROIDO 2004, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo. Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de seren inéditas.
mércores, 14 xan 2004
A directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso, presentou a programación trimestral para os vindeiros tres meses do ano 2004: exposicións temporais, actividades audiovisuais, concertos de arte sonora, mesas redondas e conferencias, e programa didáctico, entre outras.
mércores, 14 xan 2004
O Consello reunese o xoves, día 15, a partir das dez da mañá e tratará oito asuntos na orde do día entre o que destaca a modificación do convenio de permuta para a adquisición de parcelas dotacionais na rúa Muíños a cambio de aproveitamentos municipais.
mércores, 14 xan 2004
O grupo municipal de Democracia Progresista Galega ven de presentar unha moción para tratar no Pleno da Corporación sobre os carrís para bicicletas en Vigo.